Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Xoves, 25 de novembro de 1999 Páx. 13.918

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 11 de novembro de 1999 pola que se resolve parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciada por Orde do 27 de setembro de 1999.

Convocada por Orde do 27 de setembro de 1999 (DOG nº 197, do 11 de outubro) a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de conformidade co previsto no artigo 27.2º

da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 27 de setembro de 1999 (DOG nº 197, do 11 de outubro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, nos postos de traballo que se indican, ó persoal que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1999.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais

ANEXO I

NRP ou DNI: 3495707568A2060.

Apelidos e nome: Villanueva Álvarez, Santiago.

Grupo: A.

Corpo/escala: superior da Administración da Xunta de Galicia.

Código do posto: XUA010000036170040.

Denominación: Servicio de Estudios e Publicacións.

Nivel: 28A.

Dependencia: Academia Galega de Seguridade.

Localidade: A Estrada (Pontevedra).

NRP ou DNI: 7685707368A2053.

Apelidos e nome: Señorán Santorum, Engracia.

Grupo: C.

Corpo/escala: administrativo da Administración da Xunta de Galicia.

Código do posto: XUA010000036170021.

Denominación: Sección Habilitación.

Nivel: 25.

Dependencia: Academia Galega de Seguridade.

Localidade: A Estrada (Pontevedra).