Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 24 de novembro de 1999 Páx. 13.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 10 de novembro de 1999 pola que se recoñece unha escola de navegación de lecer.

A Orde do 31 de xullo de 1998 desta consellería (DOG nº 164, do 25 de agosto) establece o mecanismo para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer.

Solicitado o dito recoñecemento por un centro, logo de cumprido o procedemento establecido, cómpre recoñecelo e realiza-la súa inscrición.

Polo exposto,

RESOLVE:

Artigo 1º

Cambiar de categoría a seguinte escola:

XGENOO7.-Cenfornaútica pasa a Escola de Navegación de Lecer (ENAL).

Artigo 2º

Recoñecer como escola de navegación de lecer na categoría que corresponda o seguinte centro:

-Escola de Navegación de Lecer (ENAL).

-Salvamento e Contraincendios, S.L.-NIF B-15558257, sita na localidade de Teo (A Coruña), e con denominación comercial Salvacon, inscrita co nº XGEN011.

Artigo 3º

Inscribi-las citadas escolas no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 1999.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246,

do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura