Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 24 de novembro de 1999 Páx. 13.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se fai pública a solicitude para a creación do Colexio de Educadores Sociais de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co fin de que no prazo dun mes os interesados lexítimos poidan examina-lo expediente e formula-las alegacións que consideren pertinentes, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, sita na praza de Europa, 5 A-4º, polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela, tivo entrada a solicitude de creación do Colexio de Educadores Sociais de Galicia, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: o Colexio de Educadores Sociais de Galicia agrupará os diplomados universitarios en Educación Social ou título equivalente debidamente homologado.

Asina a solicitude: Alberto Fernández de Sanmamed Santos, en calidade de presidente da Asociación Profesional de Educadores Sociais de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1999.

José A. Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local