Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 24 de novembro de 1999 Páx. 13.862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 2 de novembro de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Primavera número 5 (Cangas F-49).

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, procla

mando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Primavera nº 5.

Cultivo: mexillón Mytilus galloprovincialis.

Localización: cuadrícula nº 49, Cangas F.

Data da concesión: 6-10-1995 (BOE nº 286).

Data do remate da última prórroga: 13-10-2005.

Anterior concesionaria: Pilar Otero Coya (78.731.846).

Novo titular da concesión: Jesús Pombal Piñeiro (78.731.620).

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas da anterior concesionaria, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Gravames: Xulgado de Primeira Instancia número dous de Cangas ordena embargo trabado a Pilar Otero Coya, con DNI 78.731.846, sobre a concesión da batea Primavera nº 5 (executivo e outros títulos 00171/1999 por instancia do Banco de Galicia).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo que se interporá no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 2 de novembro de 1999.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Pontevedra