Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 24 de novembro de 1999 Páx. 13.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1999 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, dun contrato de servicios para a realización dos traballos de limpeza dos locais da Delegación Provincial de Pontevedra.

Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 6/1999.

Obxecto do contrato.

Descripción do obxeto: a realización dos traballos e operacións necesarias para conservar en perfecto estado de limpeza os locais que ocupa a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, sitos na rúa Eduardo Pondal, 64 e Ponte-Bora.

Lugar de execución: Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra.

Prazo de execución: desde o 1 de xaneiro ó 31 de decembro do ano 2000.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación.

Importe total: 2.650.000 ptas., IVE incluído.

Garantias.

Provisional: 53.000 ptas.

Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación.

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, da LCAP.

Admisión de variantes: (concurso): non se admite.

Outras informacións.

Os licitadores deberán xustifica-la súa solvencia económico-financeira de conformidade co artigo 16.1º a) e c) da LCAP, por calquera dos seguintes medios: informe de institucións financeiras ou declaración relativa á cifra de negocios global e das obras, subministracións, servicios ou traballos realizados no curso dos tres últimos exercicios. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase conforme o artigo 18. b) e e) da mesma lei mediante calquera dos seguintes medios: unha relación das principais subministracións realizadas nos últimos tres anos que inclúan importes, datas e beneficiarios públicos ou privados deles, ou ben mediante unha declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato.

Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1999.

P.D. (Orde 13-10-1999, DOG nº 207)

Jesus Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio