Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 24 de novembro de 1999 Páx. 13.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 3 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai público que foi outorgado o permiso de investigación Lóuzara, 5812.

A Delegación Provincial de Lugo fai saber que por Resolución do 3 de setembro de 1999, foi outor

gado o permiso de investigación Lóuzara, número 5812 de 21 cuadrículas mineiras para recursos de mármore que se sitúa nos concellos de Folgoso do Courel e Samos, provincia de Lugo.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Lugo, 3 de setembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo