Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 24 de novembro de 1999 Páx. 13.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/80-2, 5148 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T.S. de caseta no polígono Augas Férreas.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea no polígono Augas Férreas de 1.268 metros a 20 kV baixo tubo de polietileno en conductor D.H.V. 4 C.T.S. idénticos de interior (subterráneos), cada un coas características seguintes: 630+630 kVA de potencia

(inicialmente instalación de só un transformador de 630 kVA) e relación 20.000/400-230 V. R.B.T. subterránea no polígono Augas Férreas de 7.384 metros a 400/230 V baixo tubo de polietileno en conductor R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Lugo, 14 de outubro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo