Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Mércores, 24 de novembro de 1999 Páx. 13.790

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1999, da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria, pola que se convocan tres cursos de aplicador/manipulador de praguicidas de usos fitosanitario e gandeiro.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das Consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comu

nidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipulador destes productos, establece no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que vaia realizar.

En consecuencia, anúnciase a convocatoria de tres cursos de aplicador/manipulador de praguicidas que terá lugar de acordo coas seguintes bases:

1. Clase de curso que se vai impartir:

Curso de aplicador/manipulador de productos fitosanitarios e de uso gandeiro.- Nivel básico.

2. Datos do organismo organizador:

O organismo organizador será o Servicio de Sanidade Vexetal da Subdirección Xeral de Sanidade e Producción Vexetal.

3. Obxectivos dos cursos:

Conseguir unha formación adecuada para o persoal dos establecementos e empresas que manipulen ou presten servicios de tratamentos con praguicidas fitosanitarios ou de uso gandeiro, co obxecto de que poidan obte-lo carné de manipulador destes productos que os capacite para exerceren a dita actividade en todo o territorio estatal.

4. Destinatarios:

a) Destinatarios: persoal de establecementos e servicios praguicidas, aplicadores, agricultores e público en xeral.

b) Nº de prazas: o número de alumnos que poderá participar será de 30 como máximo.

c) Criterios de selección: o solicitante deberá ter idade laboral para poder traballar con praguicidas. Na selección terá prioridade, sempre que o xustifique documentalmente, o persoal dos establecementos de venda e o dos almacéns comunitarios e outros almacéns recollidos no artigo 4º, puntos 1.4º, 1.5º, 1.6º, 1.7º da Orde de 8 do abril de 1996, conxunta das Consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se crea o Rexistro Oficial de Establecementos e Servicios praguicidas e se dictan as normas de inscrición nel na Comunidade Autónoma de Galicia.

5. Realización:

As clases correspondentes a estes cursos (un en cada centro) terán lugar nas seguintes escolas:

5.1. Escola de Capacitación Agraria:

Enderezo: Guísamo.

Municipio: Bergondo.

Provincia: A Coruña

Código postal: 15640.

Teléfono: 981 79 52 20.

Fax: 986 79 53 75.

5.2. Escola de Capacitación Forestal:

Enderezo: Igrexa 19.

Municipio: Lourizán.

Provincia: Pontevedra.

Código postal: 36153.

Teléfono: 986 85 64 00.

Fax: 981 85 64 20.

5.3. Escola de Capacitación Agraria:

Enderezo: Ramón Puga s/n.

Municipio: Ourense.

Provincia: Ourense.

Código postal: 32005.

Teléfono: 988 22 05 46.

Duración e horario:

Os cursos terán lugar nas seguintes datas:

Guísamo: 13-17 de decembro de 1999.

Lourizán: 10-14 de xaneiro do 2000.

Ourense: 24-28 de xaneiro do 2000.

A duración do curso será, como mínimo, de 21 horas lectivas distribuídas en 13 horas de clases teóricas e 8 de clases prácticas.

O horario do curso será das 15 ás 19 horas de luns a xoves e das 9 ás 14 horas do venres.

6. Programa:

Os temarios que se impartirán son os que figuran no anexo II.

7. Coordinador técnico do curso:

De acordo coa facultade conferida no artigo 10 da Orde do 30 de xullo de 1997, o coordinador técnico por parte da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria será Fernando Coduras Orera, Xefe de Área de Defensa dos Vexetais.

8. Solicitudes e inscrición:

a) Documentación: o persoal que desexe participar neste curso deberá presentar cuberta a solicitude que figura como anexo I xunto cunha fotocopia compulsada do DNI e, se é o caso, certificación do organismo ou servicio de praguicidas especificando o labor que desempeña o solicitante nel.

A documentación sinalada anteriormente presentarase nos rexistros xerais da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria en horarios das 9 ás 14 horas, ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación será de 10 día naturais, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución.

b) Admisión: a relación de solicitantes admitidos expoñerase no taboleiro de anuncios do organismo convocante e do centro, no prazo de 5 días naturais contados a partir do seguinte ó do prazo de finalización da inscrición.

9. Certificación de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a tódolas sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalen os coñecementos adquridos polo alumno, e no caso de superalas, expedirá o certificado co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Producción Agropecuaria o carné de manipulador de productos fitosanitarios e de uso gandeiro, nivel básico, que é o único documento válido para poder exerce-la actividade, e para os efectos de inspección por parte dos organismos oficiais correspondentes.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1999.

Antonio Crespo Iglesias

Director xeral de Producción Agropecuaria

ANEXO II

Programa do curso de nivel básico para productos fitosanitarios e de uso gandeiro.

1.-Praguicidas: descrición e xeneralidades.

2.-Riscos derivados da utilización dos praguicidas.

3.-Perigosidade dos praguicidas para a saúde. Intoxicacións.

4.-Práctica da protección fitosanitaria. Relación traballo-saúde, primeiros auxilios no caso de intoxicación.

5.-Medidas preventivas e protectoras para evita-lo risco de uso de praguicidas.

6.-Boa práctica fitosanitaria. Protección do ambiente e normas legais.

7.-Exercicios prácticos.

8.-Proba de avaliación.