Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 23 de novembro de 1999 Páx. 13.779

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 25 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador sobre incendios 57/1999.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.

Noméase instructora do expediente a Míriam López Areal, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5ª planta e achegar por escrito as alegacións, e os documentos, informacións ou proposta de probas que considere convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co disposto no artigo 42.4º da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase que no caso de non resolver este expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado, producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente, por razón da contía da multa, o director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural desta consellería, de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei sobre incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 25 de outubro de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expte. nº/ano: 57/1999. Incencios.

Denunciado: Domingo de la Torre Dargamale.

DNI: 35.788.579.

Último enderezo coñecido: lugar Forcadas s/n. Chandrexa de Queixa (Ourense).

Feito denunciado: sete conatos de incendios duns 100 m cada un aproximadamente no monte Forcadas de Serra de Queixa. Chandrexa de Queixa.

Precepto infrinxido e sancionador: Art. 137 b), 138 b) e 138 c) do Regulamento do 23-12-1972 sobre incendios forestais, en relación coa Resolución do 21-12-1998 sobre medidas para a prevención de incendios forestais para o ano 1999.

Sanción pesetas: 250.000.