Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 23 de novembro de 1999 Páx. 13.778

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a convocatoria, polo procedemento aberto con trámite de urxencia e tramitación anticipada, de catro concursos de limpeza.

A Delegación Provincial de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha vez cum

pridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia la convocatoria dos concursos de limpeza dos locais que se citan:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.

c) Número de expedientes: 35/99, 36/99, 37/99 e 38/99.

2. Obxecto dos contratos:

a) Contratación dos servicios de limpeza.

b) Descrición do obxecto:

* Expediente 35/99: servicio de limpeza dos locais da delegación provincial.

* Expediente 36/99: servicio de limpeza dos locais das oficinas de emprego da provincia da Coruña.

* Expediente 37/99: servicio de limpeza das dependencias do Centro de Formación Ocupacional de Ferrol (A Coruña).

* Expediente 38/99: servicio de limpeza só das dependencias que neste momento se están a utilizar no Centro Nacional de Formación de Santiago (A Coruña).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente e anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importes totais:

* Expediente 35/99: 4.950.000 ptas.

* Expediente 36/99: 14.000.000 de ptas.

* Expediente 37/99: 5.000.000 de ptas.

* Expediente 38/99: 1.700.000 ptas.

5. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Avda. do Exército, 2-1º.

c) Localidade: A Coruña-15006.

d) Teléfono: 981 18 57 00.

e) Telefax: 981 18 57 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares e na indicada no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego,Muller e Xuventude ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Avda. do Exército, 2-1º.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 9.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 16 de novembro de 1999.

Mª Rosa Gómez Díaz

Delegada provincial da Coruña