Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 23 de novembro de 1999 Páx. 13.777

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 244/1999 e sete máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14), notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques, e secretaria a xefa do Negociado, Inés Docando Casanova, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá

ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996 da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 5 de novembro de 1999.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Nome-DNI/NIF-Nº expediente-Precepto

infrinxido

-Último domicilio-Multa

máxima

Koke Vilalba, S.L.B-27.206.416LU-E 244/199923 o) en relación co 26 e) LO 1/1992Cidade de Viveiro,

Vilalba

Ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.

Koke Vilalba, S.L.B-27.206.416LU-E 240/199923 o) en relación co 26 e) LO 1/1992Cidade de Viveiro,

Vilalba

Ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.

Koke Vilalba, S.L.B-27.206.416LU-E 229/199923 o) en relación co 26 e) LO 1/1992Cidade de Viveiro,

Vilalba

Ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.

Juan Carlos Fernández Carreiras33.999.252LU-E 233/199926 e) ou 23 e) en relación co 26 e) LO 1/1992R/ Rego de Foz, 9

As Brasas, Foz

Ata 50.000 ptas. ou ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.

Manuel Sánchez Varela34.259.877LU-E 239/199926 e) ou 23 o) en relación co 26 e) LO 1/1992R/ Ourense, 7-5º C

Monforte de Lemos

Ata 50.000 ptas. ou ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.

Ángel Rodríguez Rodríguez46.570.251LU-E 231/199926 o) en relación co 26 e) LO 1/1992R/ Almirante Romay, 5-1º

A Coruña

Ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.

Manuel Sánchez Varela34.259.877LU-E 245/199926 e) ou 23 e) en relación co 26 e) LO 1/1992R/ Ourense, 7-5º C

Monforte de Lemos

Ata 50.000 ptas. ou ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.

Minimal Pub, S.L.B-27.219.690LU-E 241/199926 e) ou 23 o) en relación co 26 e) LO 1/1992R/ Galicia, 9

Lugo

Ata 50.000 ptas. ou ata 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses.