Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 23 de novembro de 1999 Páx. 13.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 3 de novembro de 1999, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se fai público o extravío do resgardo do depósito 1727/1995 para os efectos de expedición de duplicado.

Faise público por medio deste anuncio o extravío do resgardo de depósito nº 1727/1995, constituído o día 21 de setembro de 1995 na Coruña, en metálico polo importe de 817.000 ptas., e que garante a Atilano Álvarez Méndez.

No prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar deberán presentalo nesta delegación territorial, con domicilio na praza de Pontevedra 22, baixo.

Transcorrido o devandito prazo sen presentarse, expedirase un novo resgardo que anulará o exemplar orixinal.

A Coruña, 3 de novembro de 1999.

José Luis Veiga Castiblánquez

Delegado territorial da Coruña