Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 23 de novembro de 1999 Páx. 13.772

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1999, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para cubrir mediante o nomeamento de persoal interino un posto de traballo de programador (grupo C), vacante nos servicios dependentes da Consellería da Presidencia e Administración Pública, convocadas por orde da mesma consellería o 12 de maio de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 28 de maio), pola que se acorda eleva-la proposta do aspirante que superou as probas selectivas.

En sesión que tivo lugar o día 15 de novembro de 1999 polo tribunal designado para xulga-las probas selectivas para a cobertura dun posto de traballo do grupo C, programador, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 12 de maio de 1999 (DOG nº 101, do 28 de maio), acordouse, de conformidade co disposto na base sétima da dita convocatoria, eleva-la proposta do aspirante que superou as probas ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

A orde de puntuación do aspirante estableceuse coa suma das puntuacións obtidas nos distintos exercicios nos que consistían as probas selectivas, que é a que figura como anexo a esta resolución.

A partir da dita publicación no DOG, o aspirante seleccionado disporá do prazo de 10 días naturais para presentar na Dirección Xeral da Función Pública os documentos sinalados na base sétima da orde de convocatoria do 12 de maio de 1999.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a Consellería da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes segundo se establece no artigo 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1999.

Loreto Díaz Sánchez

Presidenta do tribunal

ANEXO

Apelidos e nome: Regueira Soengas, Marco Antonio.

DNI: 33.328.854

1ª exercicio: 16,5.

2º exercicio: 11.

3º exercicio: 21.

4º exercicio: 4,22.

Total: 52,72.