Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 23 de novembro de 1999 Páx. 13.771

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 12 de novembro de 1999 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes nas escalas de estatísticas da Xunta de Galicia 4/1999, convocado pola Orde do 24 de xuño de 1999.

Convocado concurso 4/1999 pola orde desta consellería do 24 de xuño de 1999 (DOG nº 126, do 2 de xullo), e á vista da proposta de adxudicación

de vacantes ós participantes no concurso, elevada pola comisión de valoración de méritos dos concursantes, mediante acordo adoptado na sesión do 12 de novembro de 1999, esta consellería, de conformidade co previsto na base VI.6 da convocatoria

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente o concurso 4/1999, adxudicándolles ós/ás funcionarios/as que se relacionan no anexo I os postos de traballo que se especifican nel.

Segundo.-De conformidade co disposto no Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e na base VIII.1 da convocatoria do concurso, a toma de posesión dos funcionarios/as que obtivesen un posto de traballo como consecuencia da resolución do concurso efectuarase nos prazos establecidos no artigo 14 do citado regulamento, computándose estes a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Asignación das prazas do concurso 04/1999

Posto: 2.

Código: EF.A01.00.001.15770.014

Denominación: xefe Sección Análise e Estudios.

Nivel: 25.

Localidade: Santiago de Compostela.

DNI: 33.782.950.

Apelidos e nome: García López, Mercedes.

Grupo: B.

Puntos: 13.80.

Posto: 5.

Código: EF.A01.00.001.15770.038

Denominación: xefe Sección Análise e Estudios.

Nivel: 25.

Localidade: Santiago de Compostela.

DNI: 32.306.197.

Apelidos e nome: Miras Amor, Julio.

Grupo: A.

Puntos: 15.30.

Relación de consellerías (correspóndense cos dous primeiros caracteres do código do posto)

AG: Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

CU: Cultura, Comunicación Social e Turismo.

ED: Educación e Ordenación Universitaria.

EF: Economía e Facenda.

FA: Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

IC: Industria e Comercio.

MA: Medio Ambiente.

OT: Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

PE: Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

PR: Presidencia e Administración Pública.

SA: Sanidade e Servicios Sociais.

XU: Xustiza, Interior e Relacións Laborais.