Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 23 de novembro de 1999 Páx. 13.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 8 de novembro de 1999, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, polo que se lle dá publicidade á apertura do prazo de información pública do expediente sobre a sucesión intestada, a favor da Comunidade Autónoma, de Cándida Bentureira Cambón, veciña de Laracha (A Coruña).

O 3 de xullo de 1998, o Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña dictou un auto no que declarou a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira legal de Cándida Bentureira Cambón.

A Comunidade Autónoma galega tomou posesión dos bens hereditarios conforme o disposto no artigo 8.1º do Decreto 94/1999, do 25 de marzo, que regula a sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma.

Segundo o artigo 153.2º da Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia, os ditos bens serán destinados a establecementos de asistencia social ou a institucións de cultura, preferentemente radicados na residencia habitual da persona falecida, e, en todo caso, en territorio galego.

En consecuencia, faise público o seguinte

ANUNCIO

En exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral e do Patrimonio nos artigos 7 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 4º 1.b) do Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda, de acordo co disposto no artigo 10 do citado Decreto 94/1999, ábrese o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, para que os posibles beneficiarios dos bens da sucesión intestada de Cándida Bentureira Cambón, falecida o 10 de xaneiro de 1998 con veciñanza no concello de Laracha (A Coruña), formulen alegacións perante a Consellería de Economía e Facenda.

O expediente poderá examinarse na Subdirección Xeral do Patrimonio, con enderezo en Área Central, local nº 7N-1ª planta (Santiago de Compostela), de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 1999.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda