Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 23 de novembro de 1999 Páx. 13.769

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 27 de outubro de 1999 pola que se declara de interese galego a Fundación Fiemirt-Fundación para la Investigación de Enfermedades Microbiológicas, Reumatológicas y Tumorales.

Con data do 20 de outubro de 1999 foi publicada no Diario Oficial de Galicia a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 5 de outubro de 1999, pola que se clasifica de interese sanitario a Fundación Fiemirt-Fundación para la Investigación de Enfermedades Microbiológicas, Reumatológicas y Tumorales, adscribíndoa á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Esta fundación, de acordo co establecido no artigo 6 dos seus estatutos, ten como obxecto a investigación sanitaria nos campos da microbioloxía clínica, reumatoloxía e tumorais. Tamén a organización de cursos, congresos e simposios, así como a elaboración de teses cun contido que se corresponda cos campos de investigación propios dos fins da fundación.

Por todo isto, en virtude das competencias que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e segundo o establecido no artigo 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro e o artigo 32.3º a) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de

organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declarar de interese galego a Fundación Fiemirt-Fundación para la Investigación de Enfermedades Microbiológicas, Reumatológicas y Tumorales, ó cumpriren os seus estatutos as prescricións que, para tal efecto, sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego.

Segundo.-Ordena-la inscrición da Fundación Fiemirt-Fundación para la Investigación de Enfermedades Microbiológicas, Reumatológicas y Tumorales, no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, Sección da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, para os efectos constitutivos que sinala o artigo 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro.

Terceiro.-A dita fundación queda sometida ó disposto no resto da normativa de xeral aplicación, en especial, á obriga de lles dar publicidade suficiente as súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios, quedando obrigada a renderlle contas anualmente ó protectorado e xustificar, a través dunha memoria anual, o cumprimento das cargas fundacionais, así como presentarlle-lo proxecto de orzamento ó protectorado con anterioridade ó inicio do exercicio económico para o que se formula, e debendo solicita-las preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1999.

Por encargo de despacho (Decreto 271/1999)

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais