Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 23 de novembro de 1999 Páx. 13.770

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta levantada pola comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Fundación Hospital Verín de Ourense.

Visto o texto da acta levantada pola comisión negociadora do convenio colectivo da empresa Fundación Hospital Verín (código convenio nº 3200762 publicado no BOP nº 240 do 18-10-1999) de Ourense ano 1999-2000, para corrixi-lo erro detectado na redacción dada ó artigo 6 do citado convenio colectivo, con entrada nesta delegación provincial, subscrito por ela o día 5-10-1999, e, de conformidade

co disposto no artigo 90, 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre réxitro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 25 de outubro de 1999.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Comité de empresa

Acta

Acta da reunión que tivo lugar o día 5 de outubro de 1999.

Asistiron:

Por CC.OO.: Alejo F. Fernández, Fátima Soto, Ángel González, Mª José González.

Por independientes: Consuelo Rodríguez, Cristina Antelo.

Por SAE: Antonia Salgado.

Por CEMSATSE: Santiago Ros.

Pola dirección: Enrique I. Pérez, José I. Salvatierra, Jesús Casal, José Luis Herrero, Agustín Gallego, Miguel Tomé, Luis E. Rolán.

Ás 13 horas reúnese a comisión negociadora do convenio colectivo 1999-2000 da Fundación Hospital Verín, para corrixi-lo erro detectado no artigo 6, que textualmente di:

«O persoal afectado por este convenio, segundo as categorías, rexerase pola táboa salarial anexa. O incremento salarial para este convenio será o IPC fixado pola Xunta de Galicia para tódolos conceptos.»

Decídese cambia-la redacción actual pola que segue:

«O persoal afectado por este convenio, segundo as categorías, rexerase pola táboa salarial anexa.

O incremento salarial para este convenio será o IPC fixado pola Xunta de Galicia para tódolos conceptos. Este incremento non poderá ser superior ó incremento fixado nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.».

Dáse por rematada a reunión sen incidencias.

Pola direcciónPolo comité de empresa

RubricadoRubricado