Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 23 de novembro de 1999 Páx. 13.769

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 12 de novembro de 1999 pola que se aproba a modificación do artigo 9, parágrafo primeiro, dos estatutos da Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales e se inscribe no Rexistro de Fundacións deste protectorado.

Analizado o expediente de referencia, promovido pola Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales.

Resultando que esta fundación foi clasificada como docente por Orde do 22 de abril de 1998 (DOG do 12 de maio); e declarada de interese galego por orde do 15 de decembro de 1998 (DOG do 4 de xaneiro de 1999), encontrándose inscrita no Rexistro de Fundacións da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria co número 185.

Resultando que a Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales solicitou ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a modificación dos seus estatutos.

Vista a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da Lei 7/1983; así como o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado polo Decreto 248/1992, do 18 de xuño, e a carta fundacional da referida fundación.

Considerando que as fundacións de interese galego poden modifica-los seus estatutos coas condicións previstas no artigo 38 do citado regulamento.

Considerando que na tramitación do expediente se cumpriron os requisitos esixidos no artigo 10 da Lei 7/1983, e 32.3º. e 38 do dito regulamento.

Considerando que esta modificación estatutaria é conforme coa vontade fundacional.

Esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Aproba-la modificación do artigo 9, parágrafo primeiro, dos estatutos da Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales, consistente na ampliación da composición do padroado mediante a incorporación das seguintes persoas:

-Monseñor Luis Quinteiro Fiuza, bispo auxiliar de Santiago de Compostela.

-Alfonso Porras del Corral.

-Emilio Santos Vilariño.

-Antonio Alba Puente.

Segundo.-Practica-la inscrición desta modificación estatutaria no Rexistro de Fundacións deste protectorado, logo da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, data a partir da que entrará en vigor tal cambio estatutario.

Terceiro.-A presente disposición pon fin á vía administrativa, de acordo co establecido no artigo 109.c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria