Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 23 de novembro de 1999 Páx. 13.767

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de outubro de 1999 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria Roberto Vidal de la Torre de Ferrol (A Coruña) e do Instituto de Educación Secundaria Diego Delicado Marañón da Coruña.

Tendo en conta o artigo 3, punto 1º do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG 156, do 9 de agosto), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación dos centros que no anexo se relacionan.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Código do centro: 15005269.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria Diego Delicado Marañón.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Urbano Lugrís.

Provincia: A Coruña.

Concello: Ferrol.

Localidade: Ferrol.

Código do centro: 15021469.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria Roberto Vidal de la Torre.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Leixa.