Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 5 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador 67/1999 incendios, relacionado no anexo.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á persoa cos datos e último enderezo coñecido que se sinalarán de seguido, a incoación do correspondente expediente sancionador acordada polo delegado provincial de Ourense, por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.

Noméase instructora do expediente a Míriam López Areal, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta noficación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, os documentos, as informacións ou as propostas de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co disposto no artigo 42.4º da Lei 30/1992 en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuar ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado

proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos o importe da sanción en 10.000 pesetas de multa.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 5 de outubro de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº/ano: 67/1999 I.

Denunciado: Manuel Gónzález Vázquez.

DNI: 34.426.883

Último enderezo coñecido: rúa Costeira, Carballeda de Avia, Ourense.

Feito denunciado: queima de restrollos e monte baixo: 4 m sen autorización.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 b) do Regulamento do 23-12-1972 da Lei sobre incendios forestais do 5-12-1968 en relación coa Resolución do 21-12-1998.

Sanción: 10.000 ptas.