Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores P-80/1999 e P-135/1999 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da dita lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuar ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9).

Pontevedra, 28 de outubro de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 80/1999.

Denunciado: Fermín Eireos Álvarez; enderezo: r/ Antonio Ríos 72-2º B-A Coruña.

Feitos denunciados: pescar con cana en río salmoneiro e de reo de forma que o pescador e o cebo se sitúan a menos de 50 m do pé dunha presa, o denunciado encontrábase pescando a 10 m do pé da presa da Freixa. Feitos denunciados ás 9.10 horas do día 4 de maio de 1999 no río Tea do concello de Ponteareas.

Data do acordo da incoación: 23-6-1999.

Precepto infrinxido: 34.7º da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca, e para o exercicio desta actividade durante un ano, debendo entregar, se é o caso, a licencia de pesca no Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural no prazo dun mes contado desde o momento no que a sanción sexa firme.

Expediente: 135/1999.

Denunciado: Juan José Penas Vázquez; enderezo: rúa da Xenza,6. Frazomel-Santa Cruz-Oleiros-A Coruña.

Feitos denunciados: estar en posesión de 5 troitas de medida inferior á regulamentaria (14, 13,5, 14,5, 15 e 14,5 cm). Feitos denunciados ás 5.45 horas do día 17 de xuño de 1999 no río Achacán, ó seu paso polo Corroliño, no concello de Rodeiro.

Data do acordo da incoación: 23-8-1999.

Precepto infrinxido: 33.9º da Ley 7/1992 da pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 da Ley 7/1992 da pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 5.000 ptas.

Indemnización: 5.000 ptas.