Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.709

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador P-46/1999 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución, dictadas pola instructora nos expedientes que, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia, se están tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 28 de outubro de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-46/1999.

Denunciado: Luis Manuel Falcón Otero; enderezo: r/ Casal, 4. Barrantes-Ribadumia.

DNI: 76.859.434.

Feitos denunciados: pescar 12 troitas de tamaño inferior ó mínimo permitido (entre 11 e 17 cm) e non devolvelas ás augas. Feitos acontecidos ás 9 horas do día 2 de abril de 1999, no río Areal, ó seu paso por Perdecanai, do concello de Barro.

Data do acordo da incoación: 18-5-1999.

Alegacións a incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 16-9-1999.

Precepto infrinxido: 33.9º, da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33, da Lei 7/1992 da pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 5.000 ptas.

Indemnización: 12.000 ptas.