Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 22 de outubro de 1999, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación dos expedientes de clasificación de montes desta provincia 15/1999 e dous máis.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítanse os expedientes de clasificación dos montes coas características que a seguir se indican:

Expediente número 15/1999:

Denominación: monte Costa da Torre.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Freán.

Concello: O Saviñao.

Superficie: 14 hectáreas.

Lindeiros:

Norte: camiño veciñal e predios particulares da Casa de Neira. Leste: predios particulares e monte comunal da parroquia de Marrube. Sur: predios particulares da parroquia de Freán. Oeste: predios particulares da parroquia de Freán.

Expediente número 16/1999:

Denominación: montes Mora e O Fial.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Fión.

Concello: O Saviñao.

Superficie: 14 hectáreas.

Lindeiros do monte Mora (7 hectáreas):

Norte: camiño veciñal á parroquia da Cova, predios particulares da parroquia de Fión, monte veciñal da parroquia da Cova e predios particulares da parroquia da Cova. Leste: predios particulares da parroquia de Fión. Sur: termo municipal de Pantón. Oeste: termo municipal de Pantón e predios particulares da parroquia da Cova.

Lindeiros monte O Fial (7 hectáreas):

Norte: predios particulares da parroquia de Fión. Leste: predios particulares da parroquia de Fión. Sur: camiño veciñal de Fial. Oeste: predios particulares da parroquia de San Vicente de Castillón (Pantón).

Expediente número 17/1999:

Denominación: montes As Barreiras, A Serra e Portela, Os Campileiros, Picote e Tralos Prados.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Xuvencos.

Concello: O Saviñao.

Superficie: 53,5 hectáreas.

Lindeiros do monte As Barreiras (5,5 hectáreas):

Norte: predios particulares da parroquia de Xuvencos. Leste: predio particular de casas da cidade e camiño veciñal das Barreiras. Sur: predios particulares da parroquia de Xuvencos. Oeste: monte comunal de Salgueiros (Pantón).

Lindeiros do monte A Serra e Portela (31 hectáreas):

Norte: camiño veciñal de Xuvencos e predios particulares da parroquia de Xuvencos. Leste: predios particulares da parroquia de Xuvencos. Sur: predios particulares da parroquia de Xuvencos e camiño veciñal de Santo Adrián. Oeste: predios particulares de veciños de Xuvencos e camiño veciñal a Santo Adrián.

Lindeiros do monte Os Campileiros (5 hectáreas):

Norte: camiño veciñal de Santo Adrián. Leste: predio particular de Cazón. Sur: monte comunal de Vilachá. Oeste: camiño veciñal a Santo Adrián.

Lindeiros do monte Picote (9 hectáreas):

Norte: regueiro. Leste: regueiro e camiño veciñal a Vilachá. Sur: predios particulares de Santo Adrián. Oeste: camiño veciñal a Santo Adrián.

Lindeiros monte Tralos Prados (3 hectáreas):

Norte: predios particulares de Santo Adrián. Leste: camiño veciñal a Santo Adrián. Sur: camiño veciñal a Santo Adrián. Oeste: predios particulares de Santo Adrián.

En virtude do acordado polo xurado na sesión que tivo lugar o 15 de xuño de 1999 e, en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, por medio deste edicto faise pública a iniciación dos expedientes indicados co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a

execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir nos expedientes iniciados e formularen perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean asistirlles en relación cos montes, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 22 de outubro de 1999.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo