Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización de acordo co artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome da batea: M.M.C. nº 3.
Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Localización: cuadrícula nº 35, Cangas D.
Data da concesión: 23-4-1964.
Data na que remata a última prórroga: 19-5-2004.
Anteriores concesionarios: José Rouco Camiña (76.832.089-Z), Silvia Antepazo Juncal (76.834.941-Z).
Novo titular da concesión: José Rouco Antepazo (78.733.602-W).
O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.
Pontevedra, 27 de outubro de 1999.
P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo