Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 21 de outubro de 1999 pola que se aproba o cambio de dominio da batea San Martín I.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización de acordo co artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: San Martín I.

Cultivo: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización: Bueu A Cuad. 31.

Data da concesión: 8-11-1972.

Data na que remata a última prórroga: 8-11-2002.

Anteriores concesionarios: Mª del Carmen Lamosa García, DNI 35.261.955-B; José Manuel de la Torre Lamosa, DNI 52.491.181-Y; Mª Dolores de la Torre Lamosa, DNI 52.493.468-Q; Alejandro de la Torre Lamosa, DNI 52.497.184-Y.

Novo titular da concesión: Alejandro de la Torre Lamosa, DNI 52.497.184-Y.

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Pontevedra, 21 de outubro de 1999.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo