Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: retranqueo L.M.T. Areas Regueira.
Situación: Tui.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 262 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Tui-Seixal finalizando na mesma liña, concello de Tui.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 8 de outubro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra