Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. rúa Castelao 8-edificio Carioca.
Situación: Sanxenxo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 14 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde o C.T. da Avda. Rocafort ata o C.T. que se proxecta na rúa Castelao 8, no edificio Carioca, no concello de Sanxenxo. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea, de 92 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 8 de outubro de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra