Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

EDICTO do 15 de outubro de 1999, da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, sobre o cambio de titularidade do predio 4 da expropiación relativa á obra de alargamento e mellora da C-550 Fisterra-Tui pola costa, N/AC/87.1.5, sita no termo municipal de Fisterra.

Alejandro Castiñeira Romero solicita ante este Servicio Provincial de Estradas o recoñecemento ó seu favor da titularidade do predio nº 4 afectado de expropiación con motivo das obras de clave N/AC/87.1.5, alargamento e mellora da C-550, Fisterra-Tui pola costa no termo municipal de Fisterra e que na acta previa á ocupación figura o seu nome, que foi reclamada a dita titularidade por Manuel López Rivas e Plácida Trillo Rivas, dos que se descoñece o domicilio e que se reitera na titularidad Alejandro Castiñeira Romero.

Por este edicto, e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 4/1999, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e co fin de efectua-lo trámite de audiencia recollido no artigo 84 da citada Lei 30/1992, cítase a Manuel López Rivas e Plácida Trillo Rivas como parte interesada no expediente, da que se descoñece o domicilio, e a cantas persoas poida afecta-lo cambio de titularidade do citado predio, para que no prazo de 15 días a partir da publicación deste edicto comparezan neste Servicio Provincial de Estradas co fin de manifestaren a súa conformidade ou desconformidade coa solicitude de Alejandro Castiñeira Romero e presentaren cantas alegacións consideren oportunas, advertíndose que, de non recibir ningunha contestación no prazo indicado, entenderase que non se opoñen á dita solicitude, e neste caso, efectuarase o cambio de titularidade do referido predio nº 4 a favor de Alejandro

Castiñeira Romero.

A Coruña, 15 de outubro de 1999.

P.A.

José Luis Rodríguez Alonso

Enxeñeiro xefe