Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.680

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Estacionamientos y Servicios, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Estacionamientos y Servicios, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 13-10-1999, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, o 19-9-1999. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1081, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autó

noma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 21 de outubro de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo entre a empresa Estacionamientos y Servicios, S.A., adxudicataria do concurso para a prestación do servicio de retirada, depósito e custodia de vehículos, contedores, indebida ou defectuosamente estacionados, parados ou depositados na vía pública do Concello de Vigo e os traballadores que figuran adscritos ó servicio.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación, persoal, funcional e territorial.

Este convenio será de aplicación a todo o persoal que, prestando os seus servicios no centro de traballo establecido na cidade de Vigo, estea contratado por Estacionamientos y Servicios, S.A., adxudicataria do concurso para a prestación do servicio de retirada, depósito e custodia de vehículos, contedores, indebida ou defectuosamente estacionados, parados ou depositados na vía pública do concello de Vigo.

Artigo 2º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor para tódolos efectos o día seguinte ó da súa publicación no BOP, agás os económicos, que se retrotraerán ó 1 de xaneiro de 1999.

Artigo 3º.-Duración.

A duración deste convenio será de tres anos e estenderase desde o 1 de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro do 2001.

Este convenio entenderase automaticamente denunciado de ano en ano, sen necesidade de aviso previo por ningunha das partes.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente en cómputo anual.

No suposto de que a autoridade laboral non aprobase algún dos pactos contidos neste convenio, este

quedará sen eficacia práctica, e deberá ser reconsiderado na súa totalidade.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

As retribucións establecidas neste convenio compensarán e absorberán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a natureza ou a orixe delas.

Os aumentos de retribucións que poidan producirse no futuro por disposicións legais de xeral aplicación, só poderán afectar ás condicións pactadas neste convenio cando, consideradas as novas retribucións en cómputo anual, sexan superiores ás aquí pactadas. En caso contrario, serán absorbidas ou compensadas por estas últimas, e subsistirá este convenio nos seus propios termos e sen ningunha modificación nos seus conceptos, módulos e retribucións.

Artigo 6º.-Garantía ad personam. Dereitos adquiridos.

Respectaranse as condicións superiores pactadas a título persoal que estean establecidas ó entrar en vigor este convenio e que con carácter global o excedan en cómputo anual.

Artigo 7º.-Comisión mixta paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria neste convenio, composta por un representante da empresa e outro dos traballadores. Ámbalas partes poderán contar cos asesores que consideren necesarios.

As partes conveñen en dar coñecemento á comisión paritaria de cantas dúbidas, discrepancias e conflictos puidesen orixinarse como consecuencia da interpretación e aplicación deste convenio, co obxecto de que esta emita informe antes de interpor reclamación perante os organismos correspondentes.

Os acordos da comisión tomaranse por maioría.

Artigo 8º.-Lexislación supletoria.

Para todo o non previsto neste convenio, será de aplicación a lexislación laboral vixente e, en especial, o Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Capítulo II

Organización e condicións de traballo

Artigo 9º.-Organización do traballo.

A organización do traballo é facultade da empresa, con respecto ás condicións contratadas co concello e, en especial, correspóndelle á empresa fixar sistemas de traballo, distribución do persoal, etc.

Artigo 10º.-Definición do persoal.

O persoal ó servicio da empresa clasificarase atendendo ás funcións que desenvolva da seguinte maneira:

-Encargado: é a persoa designada pola empresa que ten ó seu cargo o persoal operario e dirixe, supervisa e coordina os seus traballos.

Ten responsabilidade do traballo, disciplina, seguridad e saúde laboral do persoal ó seu cargo, e debe posuí-los coñecementos suficientes para realiza-las ordes que lle encomenden os seus superiores.

Confeccionará o cadro das quendas de servicio do persoal ás súas ordes, coidando e supervisando os relevos e asegurando que en todo momento se poidan supli-las ausencias do seu persoal por vacacións, enfermidades, etc.

Recibirá os materiais e pedidos e dará a conformidade en canto ó contido e control de calidade do recibido.

Analizará os partes diarios do persoal de guindastre, para efectos de coñece-las incidencias acaecidas no parque de vehículos e material auxiliar e as necesidades de mantemento xeradas.

Coordinará e colaborará coa policía municipal, transportes e outros servicios do concello, para un correcto funcionamento do servicio.

-Conductor de guindastre: ocúpase da conducción do guindastre, a carga, descarga, retirada e traslado ó depósito municipal de vehículos e os traballos incluídos no prego de condicions vixente no momento da sinatura do convenio.

Encárgase de revisar periodicamente a situación dos niveis e estado en xeral do vehículo que vai utilizar, avisando inmediatamente os seus superiores das avarías que detecte.

Ocúpase do coidado e manexo do vehículo asignado e de tódolos elementos e equipos que están asignados a el para a prestación do servicio.

-Controlador de depósito: cubrirá os impresos diarios sobre o servicio, realizará o cobro de taxas do depósito e emitirá a carta de pagamento correspondente ó cidadán que retire o vehículo, procedendo á liquidación e arqueo de caixa coa periodicidade e formularios que en cada caso se estableza.

No suposto de que nas operacións de medio enganche e outros sexa o conductor quen efectúe os cobros, as cantidades recadadas liquidaranse entre este e o controlador do depósito que, á súa vez, coidará do destino e liquidación final do diñeiro, efectuando os movementos de caixa necesarios para o servicio, sendo o responsable desta.

Dará entrada e asento, no libro de rexistro e mais no ordenador, das entradas e saídas no momento de ser retirado un vehículo polo seu dono ou representante.

Encárgase do coidado e manexo da base de telefonía instalada nas dependencias do depósito, para a intercomunicación cos vehículos guindastre.

-Auxiliar administrativo: é aquel persoal que ten ó seu cargo e desenvolve, con adecuada preparación profesional, tarefas administrativas dos departamentos, servicios ou seccións da administración da empresa, exercéndoas con iniciativa e responsabi

lidade e que pode ou non ter persoal baixo a súa supervisión.

Debe saber detectar e resolver problemas operativos como erros de operación ou de máquinas.

Artigo 11º.-Cambio de titularidade da empresa e subrogación dos servicios.

Co fin de regula-la estabilidade no emprego dos traballadores desta actividade, cando a actual empresa perda a adxudicación dos servicios contratados, a nova sociedade adxudicataria ou entidade que se faga cargo estará obrigada a subrogarse nos contratos dos traballadores adscritos a estes servicios, calquera que sexa a súa modalidade de contratación.

A nova sociedade ou entidade que se faga cargo estará obrigada a respectar tódolos dereitos ecconómicos e laborais dos traballadores, recoñecendo expresamente os seus representantes legais, e estará obrigada a cumpri-lo convenio colectivo en vigor.

Artigo 12º.-Xornada.

A xornada de traballo queda establecida en corenta horas semanais de traballo efectivo, que se distribuirán de luns a domingo. A xornada en cómputo anual será de 1.826 horas.

Cada traballador deberá realiza-la xornada de traballo efectiva de acordo coas fórmulas de reparto horario existentes no centro de traballo, dentro dos límites establecidos na lei, en réxime de quendas e con carácter rotativo.

Enténdese como traballo efectivo a presencia do traballador no seu posto de traballo e dedicado a el.

A xornada de traballo estará supeditada en cada momento ás necesidades do servicio e ós cambios que nel poidan producirse, en función do contrato entre a empresa e o Concello de Vigo.

Os traballadores terán dereito a 15 minutos de bocadillo, que se considerarán como tempo efectivo de traballo, período que se fará coincidir co da policía.

Os excesos de xornada por acumulación de horario semanal desfrutaranse como máximo dentro do mes seguinte a aquel no que se producisen.

Artigo 13º.-Vacacións.

Todo o persoal afecto a este convenio desfrutará de 30 días naturais de vacacións retribuídas ou a parte proporcional que lle corresponda, en función do tempo de permanencia na empresa.

O período de desfrute das vacacións será do 1 de maio ó 30 de setembro, de forma rotativa, da maneira seguinte: maio, xullo, setembro, xuño, agosto.

Artigo 14º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración

de todos aqueles conceptos retributivos que non se encontren vinculados de forma expresa á prestación efectiva da actividade laboral, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Dous días nos casos de nacemento de fillos, enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando por tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto fóra da provincia, o tempo será de catro días.

c) As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de descanso no seu traballo diario, que poderán dividir en dúas fraccións. As traballadoras poderán substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora, coa mesma finalidade.

d) Un día por traslado de domicilio habitual.

e) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber de carácter público e persoal.

f) Un día por matrimonio de fillo/a, irmán/á.

Artigo 15º.-Recoñecemento médico.

A empresa concertará coa entidade aseguradora de accidentes de traballo unha revisión médica anual para tódolos traballadores.

Capítulo III

Condicións económicas

Artigo 16º.-Salario base.

O salario base do persoal afecto a este convenio é o que para cada categoría se establece na táboa salarial anexa.

O salario base devengarase por día natural.

Artigo 17º.-Antigüidade.

O complemento persoal de antigüidade consistirá en tres bienios do 5% e posteriores quinquenios do 10% do salario base de cada categoría.

Os aumentos por anos de servicio comezarán a devengarse a partir do día primeiro do mes seguinte a aquel no que se cumpra o bienio ou quinquenio.

Artigo 18º.-Complemento de asistencia.

Establécese un complemento de asistencia para o persoal afecto por este convenio, na contía sinalada na táboa salarial anexa, que se aboará por día efectivamente traballado.

Artigo 19º.-Complemento de nocturnidade.

Establécese un complemento de nocturnidade para todo o persoal que realice a súa xornada entre as 22 e as 6 horas do día seguinte, consistente nun 25% do salario base, que se aboará por día efectivamente traballado.

Artigo 20º.-Noiteboa e Noitevella.

Establécese unha prima de 5.000 pesetas para os conductores que traballen as noites do 24 e 31 de decembro.

Artigo 21º.-Complemento extrasalarial.

Para supli-los gastos ocasionados polo transporte, establécese un complemento extrasalarial na contía establecida na táboa salarial anexa, que se aboará por día efectivamente traballado.

Artigo 22º.-Horas extras.

As partes que asinan este convenio acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable a realización de horas extraordinarias.

As horas que teñan a consideración de extraordinarias terán un incremento do 75% sobre o valor da hora ordinaria.

A empresa, sempre e cando non se perturbe o normal proceso productivo, poderá compensa-la retribución das horas extraordinarias por tempos equivalentes de descanso.

Artigo 23º.-Gratificacións extraordinarias.

Aboaránselle a todo o persoal afecto por este convenio dúas pagas extraordinarias denominadas de verán e de Nadal, de acordo coas seguintes condicións.

A contía de cada unha delas será de 30 días de salario base máis antigüidade.

* O período de devengo será o seguinte:

Verán: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

* A data de aboamento será a seguinte:

Verán: o día 15 de xullo.

Nadal: o día 22 de decembro.

Capítulo IV

Melloras sociais

Artigo 24º.-Complementos por IT.

1. Accidente.

A empresa complementará as prestacións que perciba o traballador nos casos de baixa por accidente laboral, ata o 100% da base de cotización, a partir do primeiro día da baixa.

2. Enfermidade.

A empresa complementará as prestacións que perciba o traballador nos casos de baixa por enfermidade común que requira hospitalización e mentres dure esta, ata o 100% da base de cotización e na primeira baixa do ano.

Artigo 25º.-Contratos.

Co fin de garanti-la estabilidade no emprego, ós traballadores contratados mediante contrato de lan

zamento de nova actividade, ó remataren a última prórroga do dito contrato e unha vez extinguido este, formalizaráselles un novo contrato na modalidade de obra ou servicio determinado.

Non se aplicará o disposto no parágrafo anterior sempre que concorra algunha das seguintes eventualidades:

-Substitución de traballador en situación de IT (invalidez temporal).

-Excedencias.

-Substitución por vacacións.

-Algún servicio determinado.

Artigo 26º.-Póliza de accidentes de traballo.

A empresa comprométese a subscribir unha póliza de seguro por accidente de traballo que lle garanta ó traballador ou ós seus habentes causa, as seguintes indemnizacións:

Falecemento por accidente laboral: 2.500.000 pesetas.

Invalidez absoluta, gran invalidez ou morte derivada de enfermidade profesional: 2.500.000 pesetas.

Esta póliza entrará en vigor ós quince días da sinatura deste convenio.

ANEXO I

Táboa salarial do persoal adscrito ó servicio de retirada, depósito e custodia de vehículos, contedores, indebidamente ou defectuosamente estacionados, parados ou depositados na vía pública do concello de Vigo.

Vixencia desde o 1 de xaneiro do 1999

ó 31 de decembro do 1999

CategoríaSalario base

365 días

Comp. Asist.

274 días

Comp. Trans.

274 días

Pagas Extr.

verán/Nadal

Bruto

anual

Encargado4.55088330136.5002.046.482

Conductor3.2258833096.7501.485.157

Controlador Dep.3.1748833095.2201.463.482

Aux. Admtvo.

(mensual)

95.2052.6408.22895.2051.463.286

ANEXO II

Vixencia desde o 1 de xaneiro do 2000

ó 31 de decembro do 2000

CategoríaSalario base

365 días

Comp. Asist.

274 días

Comp. Trans.

274 días

Pagas Extr.

verán/Nadal

Bruto

anual

Encargado5.141100373154.2302.314.527

Conductor3.644100373109.3201.678.302

Controlador Dep.3.587100373107.6101.654.077

Aux. Admtvo.

(mensual)

107.5823.0009.298107.5821.653.724

ANEXO III

Vixencia desde o 1 de xaneiro do 2001

ó 31 de decembro do 2001 (definitivas)

CategoríaSalario base

365 días

Comp. Asist.

274 días

Comp. Trans.

274 días

Pagas Extr.

verán/Nadal

Bruto

anual

Encargado5.513108400165.3902.482.217

Conductor 3.908108400117.2401.800.092

Controlador Dep.3.847108400115.4101.774.167

Aux. Admtvo.

(mensual)

115.3833.2179.972115.3831.773.630

Nota: no ano 2001 alcanzarase a media aritmética dos salarios dos conductores do guindastre das catro capitais galegas.