Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 22 de novembro de 1999 Páx. 13.684

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1999 pola que se convoca unha xornada sobre os aspectos xerais da nova Lei de ordenación da edificación.

Dentro do Plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para 1999 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase, en colaboración coa Revista de Dereito Urbanístico, unha xornada sobre os aspectos xerais da nova Lei de ordenación da edificación, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Dar unha visión xeral e examina-lo contido da nova Lei de ordenación da edificación e debater sobre os aspectos máis salientes desta relevante normativa, que vén encher un oco importante no amplo sector ó que afecta. As significativas novidades que presenta esta lei e a temática que aborda, de grande repercusión, fan imprescindible o seu coñecemento por parte dos numerosos destinatarios desta actividade.

2. Contido.

Trataranse estes temas:

-Motivos e aspectos xerais da lei.

-Aspectos técnicos da nova normativa.

-Aspectos xurídicos da nova lei.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia, da Administración local galega e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

-Horario: mañá e tarde.

-Lugar e datas: a xornada convocada terá lugar no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid 2-4, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela) o día 16 de decembro de 1999.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o martes día 14 de decembro de 1999.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707, Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 37.

-As solicitudes cubriranse segundo o modelo que figura como anexo I desta convocatoria.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando por teléfono, das 10 ás 14.45 horas, o día 15 de decembro, ós seguintes números da EGAP: 981 54 62 39 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento da xornada, así como a de cancelala, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ó remate da xornada, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente cando a súa asistencia a esta sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase neste documento a natureza da actividade e a data da súa realización.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública