Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 18 de novembro de 1999 Páx. 13.615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da producción e subministración de carrozas para a Cabalgata de Reis 2000.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Cultura, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 6333/331.

2. Obxecto do contrato. Descrición: producción e subministración das carrozas e ornamentación do palco da cabalgata de Reis do ano 2000.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo: traballos rematados o 30 de diciembre de 1999.

3. Tramitación, procedimiento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 7.000.000 de ptas.

5. Garantías. Provisional: dispensada. Definitiva: 4% do tipo de licitación.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n. 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas. Data límite: 13 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a exisida na cláusula XI do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n. 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10 Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó fixado na cláusula XI.3 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 9 de novembro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde de Vigo