Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 18 de novembro de 1999 Páx. 13.615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello da Guarda, en sesión ordinaria do 4 de outubro de 1999, acordou aprobar inicialmente, por instancia da xunta de compensación de Sa, Camposancos, sector da unidade de execución nº 1, o proxecto de urbanización do plan parcial de Sa, SUP 7, redactado polo arquitecto Ignacio Martínez Rodríguez.

Para poder inicia-las obras comprendidas no proxecto será preciso que estea definitivamente aprobado o proxecto de compensación da unidade de execución e que a distribución dos terreos que efectúe este permita a execución daquela na forma prevista no proxecto de urbanización.

O citado expediente exponse ó público polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte o da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na secretaría do concello e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A Guarda, 5 de outubro de 1999.

O alcalde

Rubricado