Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 18 de novembro de 1999 Páx. 13.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, da execución das obras de reforma da Casa de Acollida de Mulleres Maltratadas de Vigo.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Muller, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 927/224.

2. Obxecto do contrato. Descrición: execución das obras do proxecto de reforma interior da Casa de Acollida de Mulleres Maltratadas de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 8.475.606 ptas.

5. Garantías. Provisional: 2% do tipo de licitación.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n. 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira na forma prevista nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a exisida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10 Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 9 de novembro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde de Vigo