Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 18 de novembro de 1999 Páx. 13.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 403/1998).

Declarados de urxente ocupación os bens e dereitos afectados pola instalación da liña eléctrica aérea a 15/20 kV con orixe na L.M.T. Campo Brick, S.L. e final no paso aerosubterráneo proxectado en apoio nº 27, nos termos municipais de Cesuras e Mesía (expediente 403/1998) por resolución desta delegación provincial, do 30 de setembro de 1999, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-los días que a continuación se indican para o levantamento das actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril

de 1957, nas que se describirán os bens e dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación dos predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos dos concellos de Cesuras e Mesía, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia do 17 de febreiro, no BOP do 11 de febreiro e no xornal El Correo Gallego do 27 de xaneiro de 1999, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas das referidas casas do concello.

Termo municipal de Mesía:

Día 22 de novembro de 1999.

Predios números: 1, 2, 3, 4, 5, 7, 8, 9, 10 e 12.

Día 23 de novembro de 1999.

Predios números: 13, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 23, 43 e 44.

Termo municipal de Cesuras:

Día 24 de novembro de 1999.

Predios números: 43, 44, 45, 46, 47, 49, 51, 64, 65, 66, 67, 68, 75, 76, 77 e 78.

Día 25 de novembro de 1999.

Predios números: 79, 79/1, 80, 81, 82, 83, 82/1, 83, 84, 85, 86, 87, 88 e 89.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 20 de outubro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña