Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 18 de novembro de 1999 Páx. 13.600

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se convoca o levantamento de actas previas á ocupación de predios afectados polo proxecto de instalacións do ramal a Feiraco, nos termos municipais de Ames, Brión e Rois.

Por resolución da Dirección Xeral de Industria da Xunta de Galicia, do 27 de outubro de 1999, autorizouse o proxecto de instalacións do ramal a Feiraco, que discorre polos termos municipais de Ames, Brión e Rois. Declarada a utilidade pública e a urxente ocupación de conformidade co disposto

nos artigos 103 e 104 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hicrocarburos, procede a iniciación do expediente expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, resolve convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no concello onde radican os predios afectados, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo 52, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procedera, o da de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos e intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar, á súa custa, dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno.

Para o levantamento de actas os afectados deberán presentarse os próximos días 29 e 30 de novembro, a partir das 9 horas, no Concello de Ames; os días

1, 2, 3, 13, 14, 15 e 16 de decembro, a partir das 9 horas, no Concello de Brión, o día 16 de decembro, a partir das 16 horas, no Concello de Rois.

A orde de levantamento de actas comunicarase a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación, figurando a relación de titulares convocados no taboleiro de edictos dos concellos sinalados.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de notificación desta resolución ós titulares descoñecidos dos predios que se describen no anexo, así como daqueles que resultasen de titularidade descoñecida ou con enderezo ignorado da relación que se someteu ó trámite de información pública para o outorgamento da resolución da Dirección Xeral de Industria.

No expediente expropiatorio, Enagás, S.A. asumirá a condición de beneficiaria.

A Coruña, 12 de novembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de titulares descoñecidos ou con domicilio ignorado

Convocatoria actas previas

Proxecto: ramal a Feiraco

Termo municipal: Brión

Predio nºTitularAfecciónCatastroNaturezaCitación

L.M.L.O.T. mPolíg.ParcelaDíaMesHora

C-BR-29Descoñecido66060384Monte alto16Decembro10

C-BR-43Hros. José Iglesias Martelo00604001Decembro17

C-BR-56Descoñecido030077.24115Urbana/terra labor16Decembro10

C-BR-57Descoñecido030077.2415Aparcadoiro16Decembro10

C-BR-78Descoñecido050461092Monte alto16Decembro10

C-BR-83Descoñecido060505546Pradería16Decembro10

C-BR-104Descoñecido045505441Terra labor16Decembro10

C-BR-107Descoñecido0180505452Terra labor16Decembro10

C-BR-114Descoñecido040505485Terra labor16Decembro10

C-BR-132Descoñecido104039110Monte alto16Decembro11

C-BR-135Descoñecido03039113Monte alto16Decembro11

C-BR-157Descoñecido37740505468Pradería16Decembro11

C-BR-193Descoñecido1050505954Terra labor16Decembro11

C-BR-199Descoñecido04036739Monte alto16Decembro11

C-BR-201Descoñecido06036737Monte alto16Decembro11

C-BR-203Descoñecido03036774Monte alto16Decembro11

C-BR-209Descoñecido024036779Monte baixo16Decembro11

C-BR-214Descoñecido07536720Monte alto16Decembro11

C-BR-235Descoñecido090505902Carballos16Decembro12

C-BR-241Descoñecido550655596Urbana (M. alto)16Decembro12

C-BR-249Descoñecido0202653Monte alto16Decembro12

C-BR-262Descoñecido04550679Terra labor16Decembro12

Termo municipal: Ames

Predio nºTitularAfecciónCatastroNaturezaCitación

L.M.L.O.T. mPolíg.ParcelaDíaMesHora

C-AM-51Descoñecido6605021005Monte alto30Novembro17

C-AM-53Descoñecido2230072791Monte alto30Novembro17

C-AM-88Descoñecido0078350, 351 e 352Monte alto30Novembro17

Convocatoria actas previas

Proxecto: ramal a Feiraco

Termo municipal: Rois

Instalacións auxiliares - abreviaturas utilizadas: LE=liña eléctrica, PO=posición

Predio nºTitularAfecciónCatastroNaturezaCitación

L.M.L.O.T. mExp. mPolíg.ParcelaDíaMesHora

C-RO-301-LEDescoñecido3001144105-1 eMonte alto16Decembro17

Termo municipal: Brión

Predio nºTitularAfecciónCatastroNaturezaCitación

L.M.L.O.T. mExp. mPolíg.ParcelaDíaMesHora

C-BR-300-LEDescoñecido40060234Monte alto16Decembro12

C-BR-311-LEDescoñecido40060250Monte alto16Decembro12

C-BR-312-LEDescoñecido30060263Monte alto16Decembro12

C-BR-317-LEDescoñecido30060272Monte alto16Decembro12