Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 18 de novembro de 1999 Páx. 13.599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 22 de outubro de 1999, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións dictadas por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00213-I-1999).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucions sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes por delegación do director xeral de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que as ditas resolucións non esgotan a vía administrativa, podendo interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado, e quederá expedita a vía procedente.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor del Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela, no prazo dos quince días hábiles seguintes á firmeza das resolucións-firmeza que se producirá ó non interpoñeren recurso ordinario dentro do prazo, e de no face-lo así procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27).

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do diposto no

artigo 59.4º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 22 de outubro de 1999.

P.D. (Resolución 18-5-1999)

Carlos A. González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

Expediente: DX-00213-I-1999.

Matrícula: M-2768-CY.

Denunciante: LE9OR0033289433.

Denunciado: Ildefonso Echevarria Reigosa.

Último enderezo coñecido: Castrelo (Burela), 14, 27880 Cervo (Lugo).

Feito denunciado: realizar transporte público de mercadorías (aglomerado) entre Xove e Cervo, co vehículo matrícula M-2768-CY, que arrastra o semirremolque matrícula LU-00601-R, carecendo da preceptiva autorización administrativa (a cabeza tractora estaba provista de autorización TD-N, a súa data de validez de visado rematou o 30-6-1998). O semirremolque carece así mesmo de autorización MS.V.

Data: 27-4-1999.

Hora: 12.13.

Estrada p.k.: C-642 86.

Precepto infrixido: artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción imposta: 250.000 ptas.