Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 18 de novembro de 1999 Páx. 13.599

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 21 de outubro de 1999, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación no se puido efectuar (expediente LU-00704-S-1999).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo subdirector xeral de Inspección de Transportes, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadacción de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 21 de outubro de 1999.

Carlos González Rodríguez

Subdirector xeral de Inspección de Transportes

ANEXO

Expediente: LU-00704-S-1999.

Matrícula: LU-1712-T.

Denunciante: policia autonómica.

Denunciado: Mosquera y Guntiñas C.B.

Último enderezo coñecido: Real, 9, 27400 Monforte de Lemos (Lugo).

Feito denunciado: circular en réxime de servicio privado complementario, carecendo de tarxeta de transportes.

Data: 5-5-1999.

Hora: 10.45.

Estrada p.k.: Monforte 00.

Precepto infrinxido: artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990.

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción imposta: 15.000 ptas.