Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 18 de novembro de 1999 Páx. 13.598

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1999, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de mobiliario.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de mobiliario. As características básicas da contratación son as seguintes:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Número de expediente: 23/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de diverso mobiliario.

b) Lugar de entrega: servicios centrais da Consellería de Economía e Facenda. Santiago de Compostela.

c) Prazo de entrega: o prazo de entrega será de 20 días, que se contarán a partir da data de outorgamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catro millóns duascentas cincuenta e tres mil setecentas vinte pesetas (4.253.720 ptas. ou 25.565,37 euros) IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 85.074 ptas. (511,31 euros).

Definitiva: 170.149 ptas. (1.022,61 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral e do Patrimonio, Servicio de Xestión Económica e Control Orzamentario (Habilitación de pagamentos).

b) Domicilio: rúa San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 41 47.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de documentos e información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: especificados no prego de cláusulas administrativas (PCA).

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 6 do PCA.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, rúa San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda, rúa San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: ás 13 horas do quinto día natural, sempre que non sexa sábado ou día inhábil, seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións.

c) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda