Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 18 de novembro de 1999 Páx. 13.597

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 1999 pola que se convoca a contratación, mediante concurso aberto, do servicio de limpeza do edificio de servicios múltiples da Xunta de Galicia en Lugo.

1. Obxecto: contratación do servicio de limpeza do edificio de servicios múltiples da Xunta de Galicia en Lugo.

2. Prazo de execución: un ano.

3. Orzamento de licitación: 33.000.000 de pesetas (198.333,9949 euros).

4. Fianza provisional: 660.000 ptas. (3.966,679 euros).

5. Fianza definitiva: 1.320.000 ptas. (7.933,359 euros).

6. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

7. Modelo de proposición: o que figura como anexo 1 ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión terminará ás catorce horas do día 14 de decembro de 1999.

9. Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano), ás 10 horas do día 17 de decembro de 1999.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que o aboará con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 1999.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública