Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 17 de novembro de 1999 Páx. 13.529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Galega de Áridos (AGA).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Galega de Áridos (AGA) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas e xurídicas que, reunindo tódolos requisitos legais, se dediquen á industria, fabricación e comercialización de granulados.

Asinan a acta de constitución: Ángel Fernández Presas en representación da entidade Explotación Minera de Campomarzo, S.A., e seis persoas máis representando outras entidades.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais