Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 17 de novembro de 1999 Páx. 13.528

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da asociación Selección y Mejora Genética (Semegen).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 13 de outubro de 1999 certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Manuel Domingo Fontela Ríos, avalada co visto e prace do presidente, Ramón Saavedra Mazariegos, na que se reflicte o acordo acadado pola asemblea xeral extraordinaria realizada o día 26 de setembro de 1999, relativo ó traslado do domicilio social da asociación, que se fixa na rúa Ronda do Carme nº 86, entresollado (Lugo).

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais