Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 17 de novembro de 1999 Páx. 13.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 15 de outubro de 1999, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública a proposta de resolución do expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada a Joaquín Domínguez Lema (C-1086-CAD).

Tendo en conta que a proposta de resolución que a continuación se transcribe, foi remitida ó interesado en 20-7-1999, sendo devolta polo servicio de correos a notificación, sinalando o motivo de devolución como devolto por non recollerse dentro do prazo de depósito polo destinatario é polo que, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 28 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro,

se pon en coñecemento de Joaquín Domínguez Lema, con DNI 32.341.600, con último enderezo coñecido en Corme, Ponteceso (A Coruña) a seguinte

Proposta de resolución:

Que se formula para cumprimenta-lo disposto no artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, en relación coa concesión administrativa outorgada a Joaquín Domínguez Lema por Orde do 22-6-1984 (DOG do 2 de agosto), para a explotación do seguinte establecemento:

Establecemento: parque de cultivo.

Especies autorizadas: moluscos.

Localización: ría de Laxe e Corme, Lugar de Telleira, Canduas, Cabana, concello de Ponteceso.

Data da concesión: 22-6-1984 (DOG nº 147).

Remata a vixencia: 2-8-1994.

Resultando que con data do 16-11-1998 a Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Coruña ordenou a incoación do expediente de caducidade da devandita concesión por non solicitarse a prórroga da vixencia da concesión administrativa, para a explotación do establecemento de que se trata, dentro do prazo establecido para iso e levar inactivo un tempo superior a dous anos.

Resultando que o acordo de iniciación do expediente de caducidade e o nomeamento do instructor lle foi remitido ó interesado o 19-11-1998, sendo devolta a notificación polo servicio de correos.

Resultando que con data do 30-4-1999 foi publicada no DOG e en 12-4-1999 exposto no taboleiro de anuncios do concello do último domicilio coñecido de Joaquín Domínguez Lema, a iniciación do expediente de caducidade e o nomeamento de instructor e secretario no dito expediente, sen que se formulasen alegacións dentro do prazo establecido para iso.

Considerando que non solicita-la prórroga da vixencia da concesión administrativa, para a explotación do citado parque de cultivo, dentro do prazo establecido para iso e estar sen actividade un tempo superior a dous anos, son causas de caducidade das establecidas nos artigos 56.3º e 72, alíneas a) e c) da Lei 6/1993, do 11 de maio (DOG do 31 de maio).

Considerando que o expediente se tramitou de conformidade co disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Considerando que en virtude das facultades que lle confire a Lei 6/1993, de pesca de Galicia, é competencia da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura a adopción da resolución axeitada.

Vista a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, a Lei 6/1993, de pesca de Galicia do 11 de maio (DOG do 31 de maio), a Lei 22/1988, do 29 de xullo de costas, o Real decreto 147/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento da Lei de costas, o Decreto 423/1993, do 17 de decembro (DOG do 20-1-1994), polo que se refunde a normativa vixente en materia de marisqueo, extracción de algas e cultivos mariños, e demais disposicións aplicables ó caso.

Proponse que se declare a caducidade da concesión administrativa outorgada a Joaquín Domínguez Lema, por Orde do 22-6-1984 (BOE do 2 de agosto).

Notifíquese esta proposta de resolución ó interesado, indicándoselle que o expediente está á súa disposición na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Coruña, para o seu exame e alegacións durante un prazo de 15 días hábiles contados a partir da publicación da presente no DOG.

A Coruña, 15 de outubro de 1999.

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña