Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 17 de novembro de 1999 Páx. 13.529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 18 de outubro de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica ó interesado, intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, acordo de incoación do expediente administrativo de desafiuzamento 42/1999 de non ocupación. (Regularización).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, o acordo de incoación do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, causa prevista nos artigos 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese o prazo de 15 días hábiles desde o seguinte o da publicación desta cédula para a contestación ó acordo ante este Servicio Provincial do IGVS, para alegaren por escrito o que consideren

conveniente e, se é o caso, para achegaren e propoñeren as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por evacuado o trámite seguindo o seu curso o expediente.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 18 de outubro de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 42/1999 (non ocupación).

Adxudicatario: Margarita Martínez Alvariño e herdeiros.

Último domicilio coñecido: r/ Emilia Pardo Bazán, 48, B-A, Polígono de Caranza (Ferrol).

(C-1-IV/78-1, conta 154).