Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 17 de novembro de 1999 Páx. 13.502

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (4630/1999).

Polo presente edicto faise saber que, en providencia dictada no día da data, por esta Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, acordouse admitir a trámite o recurso interposto pola procuradora María Dolores Villar Pispieiro, en nome e representación do Club Subacuático Bahía de Vigo, contra orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 13-8-1999, publicada no DOG do 20-8-1999, pola que se desenvolve o Decreto 211/1999, do 17 de xuño.

Recurso número: 02/0004630/1999.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, vintesete de outubro de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado