Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 17 de novembro de 1999 Páx. 13.502

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (158/1999).

Pola presente cédula, que expido en méritos do acordado nos autos de xuízo de faltas nº 158/1999, sobre furto, cítase a Victoria da Silva Monteiro, en concepto de denunciada, co fin de que o día 18 de xaneiro do 2000, ás 13 horas, compareza perante a sala de audiencia, número dous, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un, sita na primeira planta do Pazo de Xustiza, rúa Viena s/n, de Santiago de Compostela, co obxecto de asistir á realización do correspondente xuízo de faltas, debendo verificalo acompañada de cantos medios de proba intente valerse, prevíndoa de que, no caso de non comparecer, recaerán sobre ela os prexuizos ós que haxa lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a Victoria da Silva Monteiro, cos apercibimentos acordados, libro a presente cédula para a sua inserción no Diario Oficial de Galicia en Santiago de Compostela o 22 de outubro de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado