Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 17 de novembro de 1999 Páx. 13.502

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se elevan a definitivas as relacións de admitidos no concurso 4/1999, convocado pola Orde do 24 de xuño de 1999.

Publicadas por Resolución do 6 de outubro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG nº 199, do 14), as relacións de solicitudes admitidas no concurso 4/1999, convocado por Orde do 24 de xuño de 1999, e transcorrido o prazo que se establece nela para presenta-las correspondentes alegacións, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Elevar a definitivas as relacións de solicitudes admitidas no concurso 4/1999.

Segundo.-A relación de solicitantes admitidos atópase exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais, na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo, na Dirección Xeral da Función Pública e oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública