Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 16 de novembro de 1999 Páx. 13.485

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de compensación e urbanización na zona 3 do S.U.-15.

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 14 de outubro de 1999, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente o proxecto de compensación e de urbanización, tramitados conxuntamente, na zona 3 C do S.U.-15 por pedimento de Seariña, S.L., representanda por José Luis Sierra Martínez, e que se sigan os trámites regulamentarios.

De conformidade co disposto nos artigos 137, 102, 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente, a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á ultima publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen oportunas.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembre.

Ourense, 27 de outubro de 1999.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente