Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 16 de novembro de 1999 Páx. 13.485

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1999 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: o presente contrato ten por obxecto a realización das obras incluídas no proxecto básico e de execución da urbanización vinculada á actuación de realoxo en San Lázaro (1ª fase) elaborado polo arquitecto Alfonso Penela Fernández.

Tipo de licitación: 15.755.442 ptas. IVE incluido.

Prazo de execución: 3 meses.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela dentro do prazo de trece días naturais das 9 ás 14 horas, que comezará a

contarse e entenderase aberto desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación. Información: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Nova. R/ Nova de Abaixo, nº 12-local 4. Teléfono: 981 54 23 93.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Criterios de adxudicación: son os seguintes por orde decrecente de importancia.

1. Mellor oferta económica: ata 6 puntos.

2. Experiencia e solvencia técnica: ata 5 puntos.

Garantías. Provisional: 2% do orzamento de licitación. Definitiva: 4% do tipo de licitación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o seguinte día hábil á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D/Dª... con domicilio en... rúa... nº... Teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que os substitúa) nº... Actuando en nome propio (ou en representación de... DNI ou CIF nº... ) e domicilio en procedemento aberto para a... toma parte no concurso convocado polo Concello de Santiago de Compostela, para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de... e para os efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de... ptas., que supón unha baixa de... ptas., con respecto ó tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3. Que acompaña a documentación esixida no prego de condicións.

En..., ... de... de 1999.

O/a licitador/a

Asinado e rubricado

Modelo de sobre

Proposición para tomar parte na contratación do concurso... presentada por...

En..., ... de... de 1999.

O/a licitador/a

Asinado e rubricado

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación, exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 1999.

O alcalde

Rubricado