Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 16 de novembro de 1999 Páx. 13.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de estatutos e bases de actuación para a constitución da xunta de compensación da área de reparto 10 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Lalín.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 2 de novembro de 1999, logo de decidir definitivamente que a área de reparto 10 das do PXOM sexa executada polo sistema de compensación, acordou aprobar inicialmente o proxecto de estatutos e as bases de actuación da xunta de compensación que se vai constituír para a execución da devandita área de reparto.

Co obxecto de dar cumprimento ó establecido nos artigos 133.4º e 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e 161.3º do Regulamento de xestión urbanística, sométense a información pública polo prazo de 20 días mediante inserción de anuncios no DOG e no BOP, con inserción nesta último dos textos íntegros.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ó da publicación do primeiro anuncio, ata transcorridos vinte días desde o día seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio,

todo iso sen prexuízo da citación persoal ós interesados.

O expediente, xunto coa relación de afectados e parcelario, atópase á disposición do público en xeral na secretaría xeral do concello, sita na casa do concello (teléfono 986 78 70 60), onde pode ser consultado en horas de oficina (de 8.30 a 14.30 horas).

Lalín, 5 de novembro de 1999.

José Crespo Iglesias

Alcalde