Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 16 de novembro de 1999 Páx. 13.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUDIÑA

ANUNCIO.

Rematados os traballos de elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Gudiña, nun grao de desenvolvemento que permite formula-los criterios, obxectivos e solucións xerais de planeamento, e a teor do que dispón o artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, ábrese un período de información pública dun mes contado desde o día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderán formular suxestións e, se é o caso, outras alternativas de planeamento as corporacións, asociacións e particulares.

Os traballos poderán examinarse na secretaría do concello, nos días laborables, salvo os sábados, en horas de oficina.

A Gudiña, 9 de novembro de 1999.

Guillermo Lago Pérez

Alcalde